SunAirOne responde ás súas preguntas máis frecuentes


Na web de SunAir One Energy, na sección de clientes, poderá ver todas as súas facturas.

É unha enerxía que xeran algúns equipos co seu funcionamento, pero que non é útil para o seu funcionamento e prexudica o sistema eléctrico, polo tanto, o regulador do
sistema fixa un custo de penalización para ela.
Se esta enerxía reactiva é elevada, este feito suporá un sobrecusto na factura.
SunAir One Energy factura segundo as medicións que obtén a través dun sistema de telemedición, polo que todas as nosas lecturas reflectirán
sempre o seu valor real e exacto.

A través de IP, coa axuda dun telemedidor que está conectado directamente ao contador da distribuidora.

É un aparello electrónico que está conectado directamente ao contador e que almacena todas as lecturas reais e detalladas do contador cada
15 minutos.

A través dun comercial, da nosa web ou chamando directamente ao número de teléfono 902 05 41 44.

O cambio de compañía tarda de 10 a 60 días, dependendo da compañía distribuidora, para as seguintes tarifas:
2.0A / 2.0DHA / 2.0DHS / 2.1A / 2.1DHA / 2.1DHS
O cambio de compañía tarda de 10 a 30 días, dependendo da compañía distribuidora, para as seguintes tarifas:
 3.0A / 3.1A / 6.1A / 6.2A / 6.3A / 6.4A / 6.5A
No que concirne á subministración, esta non se verá influída en absoluto por formalizar a contratación cunha compañía ou con outra.
Da garantía e calidade da subministración responderá a súa distribuidora e non a comercializadora, polo que non afectará o feito de
estar cunha compañía ou con outra. No que si pode afectar é na calidade do servizo de atención ao cliente ou na calidade da facturación
(sen erros e con transparencia nas facturas).
É posible que teña oído falar das tarifas de acceso e, se non o fixo xa, recomendámoslle que as lea con detemento; deste xeito poderá entender
ben todos os conceptos cando teña que analizar se lle interesa unha oferta ou non.
O Ministerio é quen se encarga, cada 6 meses, de fixar as tarifas de acceso, que inclúen todos os gastos asociados ao uso das redes de electricidade.
Algúns deses custos son fáciles de imaxinar: pagar ao distribuidor por tender a súa rede, pagar á Rede Eléctrica Española por xestionar o transporte da
electricidade a través das súas redes, dende as plantas de xeración até as estacións de distribución. Outros, no entanto, non son sempre tan fáciles de entender e,
polo tanto, é cando menos discutible a súa presenza na factura da electricidade: pagar á CNE (Comisión Nacional da Enerxía) polo seu traballo como regulador,
compensar os sobrecustos insulares e extrapeninsulares da subministración da enerxía, a moratoria nuclear ou as primas ás enerxías renovables.
É moi importante telas en conta porque moitos dos contratos que ofrecen as comercializadoras inclúen nas súas cláusulas un sistema de revisión
de prezos automático segundo o que todas as variacións de prezos son trasladadas ao cliente. Aparentemente, trátase de algo razoable, xa que é
o ministerio o que fixa esas tarifas e non a comercializadora.
A distribuidora recibe unha remuneración que fixa o Ministerio e que é un dos compoñentes das tarifas de acceso. As tarifas de acceso representan o
custo de utilizar e xestionar as redes de electricidade.
Ao formalizar un contrato de electricidade, en realidade o cliente está a formalizar, por unha banda, un contrato coa distribuidora e, por outra, coa
comercializadora (aínda que a comercializadora recibe un «poder» para xestionar, no nome do cliente, calquera cuestión coa distribuidora).
A comercializadora é quen se encarga de pagar, no nome do cliente, as tarifas de acceso polo uso desta rede. Até o de agora, as comercializadoras,
cando ofrecen unha oferta ao cliente, fano polo importe total da enerxía (incluído o compoñente das tarifas de acceso).
A comercializadora encárgase de «comprar» a enerxía no mercado grosista para entregarlla aos seus clientes no seu domicilio, aproveitando as redes
de distribución da electricidade. Ademais, encárgase de facturarlles aos clientes esa enerxía subministrada e o resto de conceptos asociados (alugamento de equipos, etc.).
O prezo que deberán pagar será o que os clientes teñan pactado na formalización do contrato con esa comercializadora.
Hai algúns conceptos incluídos na factura que se facturan, en realidade, en nome da distribuidora. É o caso, po exemplo, do alugamento de equipos,
ou dos custos relacionados coa alta no servizo, dos dereitos de enganche que se cobran ao facer o troco da potencia contratada, da instalación ou do alugamento do ICP.
A distribuidora de electricidade é a compañía que se encarga de tender as redes para subministrar a electricidade por todos os fogares. Polo tanto, encárgase das
canalizacións dos cables de electricidade, de instalar os contadores, de dar de alta a subministración eléctrica, de ler os contadores e de atender
calquera avaría ou incidencia na subministración.
Porén, dende o 1 de xullo de 2009 xa non vende directamente electricidade a ningún cliente final e, deste xeito, traspasou o 1 de xullo de 2009 todos
os clientes a unha Comercializadora de Último Recurso.
A nova empresa comercializadora elixida encargarase de facer todos os trámites e xestións necesarios para permitir que o cambio
sexa efectivo no prazo máis curto posible.
As incidencias na rede, como poden ser cortes, variación das tensións, etc., xestionaranse coa empresa distribuidora a través de SunAir One Energy,
chamando ao número de atención ao cliente 900 10 11 92 ou enviando unha mensaxe de correo electrónico a
atencioncliente@sunaironeenergy.es
Dado que o contador pertence á distribuidora, será ela a que aplicará o custo do alugamento. SunAir One Energy remitirá a totalidade do custo
cobrado á distribuidora do punto de subministración contratado.

Ningún problema. A subministración está garantida por lei e a rede de distribución eléctrica é a mesma para todas as empresas comercializadoras.

En todos os casos, e para calquera comercializadora, será a distribuidora a responsable do mantemento da rede. SunAir One Energy
fará de intermediaria, perante a distribuidora, ao respecto das xestións necesarias para resolver as posibles incidencias.

IF YOU STILL CONSULTING THIS POINT YOU HAVE ANY DOUBT, YOU CAN CONTACT US.
WE WILL HELP YOU WITH MUCH TASTE.