Presentación do Presidente

Compráceme darlle a benvida a SUNAIR ONE. Durante os últimos anos, temos asistido á transformación do Mercado Eléctrico Español, afoutada polo fenómeno da liberalización, un proceso xeneralizado e que está en todo auxe.

Evidentemente, e como consecuencia deste fenómeno e dos estudos que realizamos, estamos ante un novo enfoque do servizo da electricidade ao consumidor, por iso as comercializadoras non nos podemos abstraer perante esta transformación. SUNAIR ONE estudou especificamente o sector para crear e desenvolver una comercializadora destinada a ofrecer un servizo de electricidade cun xeito completamente diferente, innovador, revolucionario e de transformación.

SUNAIR ONE constituíuse o 15 de marzo de 2012 cun sistema de compra tecnoloxicamente avanzado e dinámico que nos permite atinxir hoxe en día un grande aforro en consumo para o cliente.

SUNAIR ONE ten un reto, converterse nunha das comercializadoras que reporte un maior aforro ao cliente e que realice a mellor xestión de compra no Operador de Mercado Ibérico Español.

A xestión realizada ao longo do período transcorrido dende a constitución da nosa empresa, reportounos unha grata experiencia, malia as circunstancias dun ambiente adverso, que estamos a encarar dende un novo escenario e segundo os parámetros tradicionais, como son a xestión do Operador de mercado e do Operador do sistema, cos nosos clientes e co servizo proporcionado.

O noso obxectivo é, en definitiva, ser moito máis ca unha comercializadora de Enerxía Eléctrica, avanzar na consecución do máis alto grao tecnolóxico e de calidade e achegar o mellor servizo a todos os nosos clientes.

O meu agradecemento a todos os que hoxe fan, e seguirán a facer no futuro, que SUNAIR ONE sexa o que é e o que será.

Un saúdo,
Antonio Sánchez López
Presidente e director Xeral
"SUNAIR ONE  ten un reto,
converterse nunha das comercializadoras
que reporte un maior aforro
ao cliente e que realice a mellor xestión de compra
no Operador de Mercado Ibérico Español".