Quen somos

SunAir One, é unha comercializadora de enerxía que opera no mercado nacional dende o ano 2012. Neste curto período de tempo, SunAir One foi a empresa que presentou un maior crecemento entre as PEMES e o sector industrial do país.

SunAir One realiza compras de enerxía diarias e intradiarias, adaptadas ás necesidades de cada cliente grazas ao tratamento dos datos recollidos polos contadores de nova xeración con telemedición, instalados por empresas colaboradoras especializadas, co obxectivo de optimizar o prezo ao máximo.

SunAir One é unha comercializadora que mira o futuro estudando continuamente o mercado e buscando solucións para os retos enerxéticos que xorden dun mercado en constante evolución.

Personalizamos a atención de todos os nosos clientes para responder dun xeito máis eficiente ás súas necesidades e ofrecer toda a información necesaria.

O noso compromiso

O compromiso de SUNAIR ONE non é outro que garantir a satisfacción dos nosos clientes e susténtase nos principios da nosa compañía:

INNOVACIÓN
CALIDADE
PROFESIONALIDADE
ATENCIÓN PERSONALIZADA

 

Os nosos obxectivos

O noso principal obxectivo, que perseguimos dende a nosa fundación, é xestionar a enerxía dos nosos clientes ao mellor prezo e sempre coa maior transparencia. Un servizo que SunAir One personaliza para cada cliente para, deste xeito, poder obter a máxima eficiencia e o maior beneficio posible en cada caso.

 

Carta do Presidente

Antonio Sánchez López, presidente e director xeral, fundou SunAir One Energy en 2012 co obxectivo de desenvolver un novo concepto de comercialización no sector eléctrico, innovador e revolucionario. Despois de 4 anos, a valoración é totalmente positiva, tanto para nós como para os nosos clientes.


 

Responsabilidade social corporativa

Na actualidade, as empresas son máis conscientes ca nunca da súa importancia no tecido social.
Por ese motivo, cada vez máis empresas, pequenas e grandes, encamiñan as súas accións para xerar un impacto positivo no seu
contorno e responder ás demandas da sociedade.

SUNAIR ONE comparte esta visión e está comprometida cun novo xeito de entender o
mercado da enerxía e, especialmente, a relación cos seus clientes.

A nosa filosofía empresarial susténtase sobre tres piares básicos: a calidade, a responsabilidade e a transparencia.
Para nós, estes principios resultan fundamentais en cada unha das nosas accións como empresa
para garantir o que máis apreciamos: a seguridade e satisfacción dos nosos clientes.